Dispoñible en
Sobre min
O meu nome é María José Bermúdez, aínda que o meu irmán rebautizoume nada máis nacer e todo o mundo me chama «Seu».
Cando cumprín 44 anos e en plena pandemia, regaléime un podcast. Chámase «Quedamos para un café» ☕️.
Gravei 96 episodios na miña casa, en casas alleas, en estudos de gravación de Madrid e Barcelona, ao aire libre, no Auditorio de Milladoiro en directo e con público, nunha sala de cinema independente en Madrid, por videoconferencia, nun funeral en vida, na festa de fin de curso dun Instituto de Torrejón de Ardoz…
Cada vez tardaba máis en publicar e en axendar as gravacións cos flamantes protagonistas.
Ata que a miña amiga Isa me invitou a Ames Radio a gravar dous episodios do seu programa en Radio Cidadá, de Ames Radio (Concello no que vivimos).
Ao entrar alí fun moi feliz, lembrei os meus soños de nena de traballar na tele ou na radio. E lembrei tamén a solicitude que levaba desde 2021 nun caixón do meu escritorio.
En setembro de 2025 solicitei un espazo na Radio Cidadá de Ames Radio e aí naceu «Un Café en Ames», que se emite quincenalmente os domingos ás 12h, no 107.2 de FM.
Agora gravo en estudio, cos flamantes protagonistas sentados ao meu lado e, ao acabar, se é posible, imos tomar algo.
O formato é o mesmo: conversación, charla, entrevista. Principalmente con persoas do Concello de Ames e en galego.
O meu primeiro podcast foi palanca de cambio tanto no persoal como no profesional.
De pasar en 2020 a comezar as probas de gravación co micrófono dun xogo de karaoke da Wii da miña filla, a fundar en 2023 a miña propia Produtora de Podcast, para acompañar a empresas, centros educativos e particulares na creación (ou optimización) dos seus podcast.
🏆 E a recibir o Premio ao Mellor Podcast feito por Mulleres, no II Festival de Podcast de Galicia (organizado por Emuga – Emisoras Municipais Galegas).
Imparto formacións online e presenciais, e tiven a oportunidade de saír en televisión, radio e revistas, compartindo a miña experiencia sobre comunicación, creatividade e podcasting.
Son Mentora no Programa de Mentoring para Persoas Autónomas de Galicia (PTMA), impulsado pola Xunta de Galicia.
Ademais, son Coach especializada en xestión emocional e liderado.